O BNG de Dodro realizará unha charla informativa para toda a veciñanza o xoves 4 de abril ás 20:00 hs antes de que remate o prazo de alegacións ao impacto mediomabiental do proxecto de ALTRI para Galiza a mediados deste mes.
Está garantida a asistencia á charla informativa en Dodro da parlamentaria Iria Carreira, secretaria da comisión de Sanidade, Política Social e Emprego.

Tamén acudirá o licenciado en xeoloxía e diplomado en didáctica das ciencias Fins Eirexas membro desde hai décadas da secretaría técnica de ADEGA.
O BNG espera que algún membro da Plataforma en defensa da ría de Arousa poida tamén acudir a dar a súa visión do impacto que suporía este tipo de enclave industrial para a ría máis produtiva de Galiza.
O BNG de Dodro, consciente da preocupación veciñal, ante unha macro planta de celulosas que vertería ao Ulla auga tratada da que bebe boa parte da poboación de Padrón ata Ribeira e que baña as brañas de Laíño decidiu informar sobre o anuncio do DOG do pasado vinte de febreiro curiosamente só uns días despois das pasadas eleccións autonómicas.
O portavoz municipal, Xoán Bautista Mariño será o moderador da charla e anima a todos os colectivos, asociacións, empresas,…que se informen para presentar as súas alegacións.
É un proxecto que invade as nosas formas de producir desde o sector primario, que invade a maneira de fomentar industria e outros sectores produtivos sostibles e que pola contra xeraría contaminación para un medio rico como son as dúas ribeiras do Ulla desde Palas de Rei ata a ría de Arousa.



