Mondra, The Rapants e Lontreira achegarán a vertente musical da 24ª edición do Festival do Pampallín

05 Abril 2024

O tenente alcalde e concelleiro de cultura, Anxo Núñez Fernández, presentou na mañá deste venres 5 de abril a 24ª edición do Festival do Pampallín en Outes, unha convocatoria na que o Concello aposta firme pola música ao vivo, profesional e en galego. En base a isto, o cartel contará con “tres grupos potentes e de actualidade no panorama musical galego”, que encherán o vindeiro 30 de abril, véspera de festivo, o escenario do festival na praza de Galicia con sons de electro-pop, electro tradicional, rock, indie e garaxe, sinalou o concelleiro. Trátase de Mondra, presentando Folía das Ardentes, os esteiráns The Rapants (A máquina do bo rollo) e Lontreira (Apnea).

Anxo Núñez fixo tamén fincapé na “aposta do Concello pola recuperación da tradición vencellada ao Pampallín que vai da man cos maios celebrados en toda Galicia e Europa para a bendición dos labores agrícolas a través de ritos ancestrais”. No caso do territorio outense, sinalou, “isto materializábase na festividade do Pampallín no que a mocidade local xuntábase nas agras ao anoitecer para percorrer cun facho de palla ardendo os cultivos e chamar por unha colleita próspera e abundante”.

Seguindo este fío, a edición 24 da festa incluirá a celebración dun rito do lume no primeiro descanso da noite. Nas vindeiras datas anunciarase tamén, con máis detalle, un obradoiro para a preparación do mesmo e as diferentes colaboracións con entidades locais: Terra de Outes, CEIP Outes, IES Poeta Añón, ADISBISMUR e Protección Civil. O edil engadiu que dende o Concello valórase positivamente a liña de axudas para festivais que presta a Deputación da Coruña e que se solicitou para o desenvolvemento do Pampallín.

O 30 de abril comporase do Pampallín Miúdo a partires das 17:00 con inchábeis, xogos tradicionais e música para os máis cativos e coa noite grande a partires das 22:00 que comezará da man da ruada de Latexo Percusión e continuará cos tres concertos devanditos de Mondra, The Rapants e Lontreira.

O concelleiro de Cultura fixo un chamamento a toda a veciñanza do concello de Outes, da ría e a todos os galegos e galegas a achegárense ao que será, dixo, “o evento musical do ano en Outes e unha noite para recordar”.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.