“Mellor é falar”. Luís Celeiro

11 Abril 2024


Moitos dos lectores lembran como era aquelo de chamar por teléfono aos parentes de
Madrid ou de Barcelona, ao noivo de Lleida ou de Cádiz, ao veciño emigrante en Suíza ou en
calquera lugar industrial de Alemaña. Moitos aínda se acordan hoxe daquel teléfono
parroquial que servía a todos os do lugar dende unha centraliña de enchufes. Aquelas
mulleres que atendían as centraliñas telefónicas dende finais dos século XIX non serían quen
de entender o de hoxe, a maioría das persoas do mundo, rico ou pobre, vai co seu teléfono
no peto.
Consuelo, aquela aldeá que foi de ama de cría a Madrid, a Sevilla e de Sevilla a Barcelona,
rematou a súa vida laboral como telefonista na centraliña dun grande edificio con vivendas
á dereita e á esquerda, ao fondo, arriba e abaixo. Estaba aburrida do teléfono e de tanto
falar, de tanto pasar, de contestar e de agardar que todo aquilo rematara. Ao ver, nos
últimos anos da súa vida, que cada persoa leva no peto o seu propio teléfono sen
interferencias, pensa na evolución e revolución da tecnoloxía e na súa importancia.
Os estudos estatísticos din que na actualidade máis do 63% da poboación total do mundo
fai uso de internet e o 92% destas persoas conéctanse a través do teléfono móbil, dese
aparello que serve para todo e que resulta imprescindible para a vida normal. Quen o diría!
Pero aí está, transformou a conducta e a forma de facer e de comunicarse de milleiros de
persoas. Para o ano 2025, ao parecer, o número de dispositivos móbiles no mundo superará
os dezaoito mil millóns.
Todo será por teléfono. Os cregos rezarán os responsos e os fregueses escoitarán os rezos
co seu teléfono en posición de mans libres; as compras, igual que hoxe, faranse por teléfono
e os contratos, tódolos contratos serán de palabra falada por teléfono. Para xestionar as
visitas, os horarios, as contas bancarias, os cambios meteorolóxicos ou de calquera
programa é necesario un bo teléfono, unha ferramenta imprescindible para acudir ás citas
médicas, para comprar os billetes de tren ou do avión e para saber cando cambia a lúa, a
onde se vai xantar mañá e por onde.
Os peregrinos, que por certo chega a Santiago de Compostela por moreas, van cos teléfono
móbil na mochila e andan guiados por el. A través deste aparello electrónico e
supostamente intelixente (tanto ou máis que algúns dos portadores) buscan o lugar para
durmir, os espazos e lugares de visita obrigada, as características dos ríos, montes e paisaxes
que atravesan. Coas aplicacións do teléfono falan coa familia, contan o que comen e os
amoríos que atopan, se é o caso. Todos saben que hai perversión, falta de interacción e
lavado de cerebro(s), manipulación e medo.
Tamén hai quen se resiste ao seu uso e quere ignorar o significado de xigabyte, pero -como
di a Tía Manuela- “mellor é que soe e escoitalo, falar e que se entenda”.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.