Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

19 Abril 2024

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non daba aberto a porta do devandito domicilio e que a súa parella estaba no interior e que non lle abría, polo que temía que lle pasase algo.

Ata o lugar mobilizáronse efectivos do GAEM, das Policías Local e Nacional e dos Bombeiros de Ribeira, así como unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co equipo facultativo do PAC ribeirense. O corpo da muller foi levado novamente á casa, onde se agarda pola chegada da unidade xudicial da comisaría ribeirense, así como polo médico forense e a funeraria para proceder ao levantamento do cadáver, e tratar de esclarecer as causas da morte da muller.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.