
Boiro acolle este venres 26 de abril polo serán, ás 20.30 horas, a presentación do libro Historias de Barbantia organizada pola Asociación Cultural Barbantia, unha publicación que contén 17 relatos de autoras e autores do Barbanza.
A cita será este venres 26 de abril ás 20.30 h no Pazo de Goiáns do concello de Boiro. Colaboran a Editorial Galaxia, o xornal La Voz de Galicia e o Concello de Boiro.
Intervirán María Xesús Blanco, presidenta da AC Barbantia, Natalia Carou, escritora, Antón Riveiro Coello, escritor e coordinador do volume, Manuel Cartea, vogal de Barbantia e prologuista do volume, Marcos Calveiro, director de edicións da Editorial Galaxia, e María Outeiral, concelleira de Cultura de Boiro.
A presentación completarase coa saída do prelo do número 194 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, que se publica o sábado 27 de abril con La Voz de Galicia. Máis información na web de Barbantia e en Cafe Bartantia.
A presentación de Historias de Barbantia encádrase nas celebración do vixésimo aniversario de Barbantia. O selo encargado de publicar este libro colectivo será, este mes de abril, a Editorial Galaxia. Nel participan varios autores vinculados á comarca que cederon os seus dereitos de autor á asociación.



