Este sábado 13 celébrase o II Trofeo de Atletismo de Ribeira

10 Abril 2024

O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, presentou xunto a Clara Millares, do Club El Canario, o II Trofeo de Atletismo de Santa Uxía de Ribeira que se celebrará o vindeiro sábado 13 no Complexo Deportivo A Fieiteira en horario de mañá.

Segundo explicou Clara Millares, están programadas 7 carreiras de fondo, medio fondo e velocidade, nas que competirán nenos e nenas dende sub-10 ata categoría máster; e tamén haberá unha proba de lanzamento de peso. “Esperamos comezar a temporada con bo pé e mellorar marcas de cara aos campionatos galegos que se disputarán proximamente”, afirmou Millares.

Neste torneo, organizado pola sección de atletismo da Escola de Boxeo El Canario, xa hai máis de 50 inscritos; e terán participación o Club El Canario e o Club Atletismo de Santa Uxía de Ribeira, así como tamén outros deportistas de toda Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.