“Estación Barbanza: vivir, hoxe, un vello soño” – Antón Luaces

10 Abril 2024

Vai anos formulaba dende as páxinas dun xornal galego no que colaborei varios anos o enorme beneficio que suporía para a comarca do Barbanza dispoñer dun enlace ferroviario con Padrón conectando esta cidade -e á súa vez con Vigo e Santiago, A Coruña e Ferrol- con Noia, Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo. 

Un soño?. Pois xa non o é tanto: a seis quilómetros ao norte de Padrón, na Escravitude, RENFE cumpre en parte esta arela que xa se barallou en tempos da ditadura de Primo de Rivera e na II República, proxecto que nunca callou.

Dende o 18 de abril de 2015 (confeso o meu descoñecemento ata hoxe de tal feito) presta servizo de viaxeiros a estación Padrón-Barbanza que da servizo a Padrón e, teoricamente, á comarca do Barbanza como centro da nova liña de alta velocidade Vigo-A Coruña no marco do Eixo Atlántico que conectará a fronteira hispano-portuguesa con Ferrol. É unha liña, como se sabe xa electrificada a 25 KV 50 Kz CA con data do 29 de marzo de 2015. A estación Padrón-Barbanza ten dous andéns ou plataformas e catro vías propiedade do ADIF e operadas por RENFE. Efectúan paradas aquí varios servizos de media distancia de RENFE que circulan con destino ás estacións de Vigo-Urzáiz ou A Coruña, con paradas en Redondela AV, Arcade, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e Cerceda-Meirama.

Ben sei que o feito da denominación Barbanza (xunguida á de Padrón) non ten, hoxe en día, maior significación. Máis soñar é libre, e como teño moi presente aquel antigo traballo xornalístico, deixo voar a ilusión e quero crer que RENFE e ADIF poden, o día de mañá (non lonxano) dar un paso nesta dirección.

A vía, electrificada aparentemente, supera -tamén en aparencia e vista dende a autovía do Barbanza en dirección Padrón-Ribeira- os límites do concello de Dodro. De pretender circundar dende aquí a área no bordo Rianxo-Boiro-A Pobra-Ribeira-Noia-Padrón (sen dúbida custoso plan, pero social e economicamente rendible a medio e longo prazo) o pulo para esta comarca sería decisivo.

Xa séi que é falar por non estarmos calados, que o falar non ten cancelas e todos eses ditos tradicionais; pero soños tan ou máis imposibles ca este se fixeron realidade. E falar da comarca do Barbanza non é ningunha gaita desafinada.

Un ex alcalde “popular” de Ribeira -supostamente ben coñecedor da súa terra e comarca- é na actualidade senador do seu partido, o PP. O senador Ruíz ben podería darlle unha volta a este asunto, a esta que seguramente cualificará de “historia”. Pero unha iniciativa deste calibre -que xa nin sequera estará gardada no máis esquecido curruncho dun caixón do que ninguén sabe nada- presentada nas instancias axeitadas daría pé, cando menos, a que se fale do vello plan na Cámara Alta, que é a de representación das comunidades autónomas.

Senador Ruiz: outros presentaron a iniciativa vai un século. E, coma sen querelo, naceu o ferrocarril de vía estreita do Cantábrico: velaí a de Ferrol-Xixón, por exemplo. Ou o euskaltren. 

Se daquela puideron, non imos poder facelo os galegos de hoxe en día?.

Non inventa nada novo. Só actualizaría un soño dos nosos devanceiros.

…

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.