Entregado o premio da Campaña do Día do Pai da patronal de Ribeira

08 Abril 2024

A Asociación de Empresarios de Ribeira convocou o pasado 5 de marzo a nova edición da súa Campaña do Día do Pai, encamiñada a favorecer as compras locais esta tempada ao tempo que premiaba e visualizaba a fidelidade da veciñanza cos establecementos do concello. A campaña, que veu cun premio de 1.000 euros para ser investidos nos comercios participantes, resolveuse este luns 8 de abril, coa entrega da dita contía á persoa agraciada na iniciativa: Beatriz Torres Queiruga. Na entrega do cheque participaron o presidente da patronal, Francisco Martínez Gude, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e mailo concelleira de Turismo, Festexos, Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías.

O sorteo dirixiuse a tódolos clientes que mercasen e consumisen nos establecementos asociados adheridos á campaña. O obxectivo fundamental foi “incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira”, fixo saber o presidente da patronal.

A promoción realizouse entre as compras e consumicións feitas desde o día 06 ao 19 de marzo de 2024. A forma de participar foi mercando e consumindo en calquera establecemento socio e subindo o tícket á web da asociación. O sorteo realizouse o mércores 20 de marzo no local da Asociación de Empresarios de Ribeira.

O importe do premio ten que ser investido nos tres sectores que participan nesta campaña: comercio, hostalería e restauración. Para repartir o premio entre varios participantes, como máximo o premiado pode gastar 100€ en cada un dos establecementos elixidos para gastar o premio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.