Boiro recibe unha subvención para acondicionar os sendeiros que unen o paseo do río Breiro coa praia de Mañóns

10 Abril 2024
O paseo do río Breiro

O Concello de Boiro recibiu da Axencia Galega de Turismo unha subvención por importe de 80.000 euros para a recuperación do sendeiro comprendido entre o paseo do río Breiro e a praia de Mañóns. A actuación que se pretende executar ten como finalidade específica “o embelecemento do litoral coa recuperación deste sendeiro que une dous puntos de interese turístico”.

O Concello explica que este proxecto constitúe a primeira fase de recuperación do sendeiro no seu tramo comprendido entre o río Breiro e Exipto. O proxecto, valorado en 100.336,08 euros, busca recuperar os camiños rurais existentes que conectan o núcleo urbano de Boiro coa praia de Mañóns para favorecer a mobilidade peonil e ciclista e lograr unha integración paisaxística.

O percorrido no que se pretende actuar consta dunha lonxitude de 1.625 metros lineais e que contan cun ancho medio de 2,2 metros. A solución que se pretende adoptar é crear unha senda de chan eco-estábel cunha base de saburra natural e superficie rematada en area-cemento para obter “un piso firme, resistente e duradeiro contra as inclemencias meteorolóxicas e ao tránsito de persoas e bicicletas”.

O proxecto conta co financiamento da Axencia Galega de Turismo a través das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationUE.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.