“Apaixoados”. Xulio Xiz

02 Abril 2024

Entre os efectos do Covid que nos invadiu o idus de marzo de hai catro anos, máis duradeiro incluso que o que os menos afortunados seguen a sufrir, está a convicción do “primun vivere” (primeiro vivir, e despois pararse a pensar), que aplicamos co “carpe diem”, aproveitando as cousas boas do presente, xa que o tempo que ven a saber se permitirá facelo. Así, temos superado unha semana de paixón sen mais frustracións ca o tempo e a carteira, dous dos puntos sensibles do noso lecer.

A recuperación do turismo despois da pandemia desatou un auténtico furor por ver mundo, viaxar, e disfrutar das delicias gastronómicas do contorno, onde moitos restaurantes teñen que establecer dous turnos para dar atendido aos clientes en días máis ou menos sinalados.

Vimos de vivir un especial tempo apaixoado que se o coñeciamos como “Semana de Paixón” polos sufrimentos do Crucificado no remate da súa vida, o sentemento que agora nos enfebrece pouco ten que ver co que se conmemora e se recrea, aínda que sexa un elemento vital para desatar esta humana paixón, que non se presta a filosofar, e ten o disfrute como fin.

A paixón dos máis afortunados dura dez días – venres de dores a luns de pascua – que permiten distanciarse milleiros de kilómetros.Ven logo a dos que poden dedicarlle ao lecer unha semana completa, e por fin os que lles dura unha longa fin de semana, e no peor dos casos un par de xornadas festivas.

Sumando todas esas paixóns – que moven a moitos millóns de persoas – aínda quedan os que sofren á vez que disfrutan dunha Paixón con maiúscula que, por crenzas ou traballo, mantén en pé a fe, os servizos e a economía dun país. Apaixoados en firme. Bendita Paixón,

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.