Ante o Día Internacional dos Traballadores o arcebispo lembra a necesidade dun gran pacto social

30 Abril 2024

As organizacións que integran Iglesia polo Traballo Decente defenden a redución do tempo de traballo como expresión do coidado das relacións laborais Con motivo da festividade de san José Obreiro e da conmemoración do Día Internacional dos Traballadores, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández fixo pública unha carta pastoral na que insiste en que “non existe peor pobreza que aquela que priva do traballo e da dignidade do traballo. Por iso, debemos lembrar e reivindicar sempre a dignidade e os dereitos dos traballadores”.

O prelado sinala no seu documento que o traballo digno é, ante todo, “un traballo no que se coida ás persoas traballadoras, favorecendo a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral.”.

Se nosa partidario de que se debe procurar un gran pacto social para que se fagan posible “que a saúde laboral sexa un dereito fundamental para todos os traballadores e sexa prioritario en calquera contorna. Un traballo que coida respecta a dignidade, asegura os dereitos e motiva a responsabilidade e a creatividade profesional.”

As organizacións que integran Iglesia polo Traballo Decente -Cáritas, CONFER, HOAC, JEC, JOC e Xustiza e Paz-defenden a redución do tempo de traballo como expresión do coidado das relacións laborais. Lembran as consecuencias na saúde das condicións de traballo, con especial atención ao impacto da sinistralidade laboral, as dificultades para conciliar a vida persoal e familiar e “a cada vez máis difusa barreira entre o tempo de traballo e o tempo de lecer”.

Fan un chamamento a “un maior compromiso en favorecer o coidado das persoas traballadoras, promovendo políticas que permitan unha conciliación real”, apoiando o diálogo social para lograr a redución do tempo de traballo.

Carta Pastoral na Festa de San Xosé Obreiro Día Internacional dos Traballadores

1 de maio de 2024

Queridos irmáns:
Con motivo da festividade de san Xosé Obreiro – “un carpinteiro que traballaba honestamente para asegurar o sustento da súa familia” (Patris corde, 6) – e da conmemoración do Día Internacional dos Traballadores, convén lembrar que “o traballo é un destes aspectos, perenne e fundamental, sempre actual e que esixe constantemente unha renovada atención e un decidido testemuño. Porque xorden sempre novos interrogantes e problemas, nacen sempre novas esperanzas, pero nacen tamén temores e ameazas relacionadas con esta dimensión fundamental da existencia humana” (Laborem exercens, 1).
Non esquezamos que non existe peor pobreza que aquela que priva do traballo e da dignidade do traballo. Por iso, debemos lembrar e reivindicar sempre a dignidade e os dereitos dos traballadores, pois “nunha sociedade realmente desenvolta o traballo é unha dimensión irrenunciable da vida social, xa que non só é un modo de gañarse o pan, senón tamén un leito para o crecemento persoal, para establecer relacións sas, para expresarse a si mesmo, para compartir dons, para sentirse corresponsable no perfeccionamento do mundo, e en definitiva para vivir como pobo (Fratelli tutti, 162).
Un traballo digno é, ante todo, un traballo no que se coida ás persoas traballadoras, favorecendo a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral.
Debemos procurar, mediante un gran pacto social, as condicións que fagan posible que a saúde laboral sexa un dereito fundamental para todos os traballadores e sexa prioritario en calquera contorna. Un traballo que coida respecta a dignidade, asegura os dereitos e motiva a responsabilidade e a creatividade profesional.
Con San Xosé, no seu corazón de pai traballador, comprometémonos en coidar de modo integral o traballo, como deber e dereito, como don de Dios, para que sexa verdadeiramente libre, creativo e solidario.

  • Francisco José Prieto Fernández
    Arcebispo de Santiago de Compostela

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...