“Alonso Montero”. Xulio Xiz

17 Abril 2024

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo produciu froitos senlleiros, creou escola e fixo patria.

Sendo dos que tiñan escolta policial no domicilio, entendo que tamén era dos que lles violaban a correspondencia no Correos de hai medio século para saber con quen se relacionaban e que se dician entreles. Mentras tanto, o profesor lograba multitude de devotos, que poden seguir a súa linea política ou a contraria, aos que adentrou na arte da creación, abrindo o mundo que dentro deles fervía, aportando ás Letras unha xeneración rutilante con estrelas que se chaman Xavier, ou se apelidan Valcárcel, responden ao nome de Fiz ou identifican a quen foi príncipe das nosas letras e ficou en lenda como Darío o Grande.

Pode haber alumnos que non veneren a Don Xesús – ninguén o trata sen esa dignidade – pero eu non sei deles. Todos os que coñecín ao longo da vida proclaman o señorío, a ciencia, a autoridade do nonaxenario profesor, sabio e falador, entrañable e asequible, que Lugo homenaxea o 19 de abril. Os que non tivemos a sorte de recibir o seu maxisterio, sabémonos en inferioridade diante dos que aprenderon a saber do que sabe e contaxia coñecemento.

Parabéns, profesor, pola homenaxe. Parabéns especiais por ter creado escola, descubrir talentos, prestixiar a fala, e axudar a tantos a descubrir -como hai corenta e catro anos proclamaba musicalmente Saraibas – “unha terra, un pobo e unha fala”.

Outros artigos

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...

+

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión