
A comunidade de ADISBISMUR (Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros), xunto con outras destacadas entidades galegas de acción social, está a organizar un evento que aspira a “ter repercusión en toda a xeografía galega”. Trátase da Concentración Solidaria que terá lugar o vindeiro 3 de abril no Campo de Fútbol O Conchido de Outes. O obxectivo desta cita non outro que mostrar o apoio da entidade e da veciñanza dos concellos da comarca á Campaña X Solidaria. Como lembraremos, esta iniciativa foi recoñecida polo seu impacto positivo e busca, segundo recorda ADISBISMUR, promover a colaboración dos cidadáns marcando o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” na Declaración da Renda.
Nesta campaña pasada, Galicia destacou pola súa solidariedade, con 750.867 persoas que marcaron a X Solidaria, permitindo recadar un total de 21.391.293€. Porén, a asociación lembra que “aínda hai un importante número de contribuíntes, 627.161, que non participaron nesta acción”. A través da Concentración Solidaria en Outes, ADISBISMUR e as entidades asociadas buscan ampliar esta onda de solidariedade. “Co apoio de cada un de vós, poderemos axudar a facer fronte á exclusión social e económica que moitas persoas en Galicia enfrontan día a día”, sinalan dende a comunidade de ADISBISMUR, que lanza un convite a todos os medios de comunicación a unirse a nós nesta causa, “axudando a difundir este chamado á solidariedade”.



