“A xestión das pesqueiras, a exame en Sada” – Antón Luaces

04 Abril 2024

Este venres, 5 de abril, ás 10,30,  celebrarase no salón de plenos do concello de Sada, a xornada anual de ACERGA que, nesta ocasión, vai abordar a “Boa xestión das pesqueiras por parte da administración. Aproveitamento dos recursos pesqueiros”.  

Esta xornada técnica de ACERGA -a sétima das organizadas ata o de agora pola asociación de cerqueiros galegos- contará coa participación da directora xeral de Pesca Sostible, Mónica Corrales, que dará a coñecer polo miúdo a Lei de Pesca Sostible. Tamén abordará o tema dos TACs e cotas de peláxicos na UE.  

Estará presente asimesmo nesta xornada Pedro Galache, da Axencia Europea de Control da Pesca, que será o encargado de analizar os mecanismos de control dispoñibles para a explotación sustentable das pesqueiras de pequenos peláxicos.

En materia de investigación vai participar Isabel Rivero, do Instituto Español de Oceanografía, coordinadora das campañas do método de produción de ovos de xarda e xurelo e coordinadora  do stock de sardiña nas zonas 8c e 9c, quen actualizará os datos relativos ao devandito stock.

Porá o broche final á xornada o Coordinador de Cambio Global en Ecosistemas Mariños de AZTI, Guillem Chust, quen vai explicar aos asistentes como se están a adaptar as poboacións de peixes de interese comercial para a frota de ACERGA, ao contexto  do cambio climático actual.

Mónica Corrales, directora xeral de Pesca Sostible, será a encargada, xunta ao alcalde de Sada, Benito Portela, e Carmen Chamorro, presidenta de ACERGA, de inaugurar a xornada, clausurando a mesma Alfonso Villares, conselleiro do Mar da Xunta de Galicia e a xa citada presidenta de ACERGA, Carmen Chamorro.

Con 107 asociados, ACERGA representa a día de hoxe á gran maioría de buques galegos que empregan o cerco como arte de pesca. Foi recoñecida oficialmente como Organización de Produtores Pesqueiros (OPP-82) no ano 2018.

Entre os seus principais obxectivos mantén ACERGA a promoción de accións tendentes á mellora da actividade pesqueira, asesorando e apoiando aos seus asociados para xerar melloras sociais e económicas, así como abrir foros de divulgación e formación que, coma este do venres, garantan un enfoque ecosistémico da súa actividade pesqueira, de xeito que o manexo dos recursos mariños sexa sustentable e promova a conservación dos mesmos.

A atención de ACERGA céntrase na defensa dos intereses da frota do cerco, accións de formación e divulgación e promoción dos produtos pesqueiros.  

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...