“A pesca de arrastre no punto de mira das organizacións ecoloxistas”. Antón Luaces

18 Abril 2024

Certamente, non é nada novo o posicionamento altamente crítico dos medioambientalistas coa pesca de arrastre de fondo. Pero a campaña que na actualidade se desenvolve contra este sector pesqueiro non fai senon  incidir na pretensión de vedar na maior parte dos océanos o uso dese arte case que sempre é rexeitado. 

Un informe que analiza as horas de arrastre de fondo aparente en áreas mariñas protexidas (AMPs) en sete países comunitarios (entre estes España) sinala que a pesca de arrastre nas devanditas áreas españolas acumula 460.000 horas en nove anos.

 Este informe, elaborado polas organizacións Marine Conservation Society, Oceana e Seas Itf Risk, amosa que nos sete países europeos analizados foron permitidos 4,4 millóns de horas de pesca de arrastre de fondo aparente nesas AMPs entre 2015 e 2023, o que equivale -segundo os informantes- a 500 anos de pesca de arrastre. Os Países Baixos teñen o maior número de horas de pesca de arrastre rexistradas nas devanditas  áreas mariñas protexidas estudadas, seguidos de Alemaña, Dinamarca e España.

As ONGs instan á Comisión Europea a prohibir a “pesca detrutiva” como o arrastre, en todas as AMPs da Unión Europea que no seus Plans de Acción Mariños piden aos Estados que establezan plans nacionais para retirar a pesca de arrastre das AMPs, en liña coa normativa vixente. O primeiro prazo para presentar as follas de ruta nacionais venceu a finais de marzo, pero ata o de agora só algúns países cumpriron o formulado.  

As áreas mariñas protexidas españolas víronse afectadas pola pesca de arrastre durante as xa citadas 460.000 horas entre os anos 2015 e 2023, sendo a frota española a que acumula case a totalidade da actividade e a zona protexida Sur de Almería Seco de los Olivos e a área que encabeza o ránking de horas arrastres que a zona Sistema de Canóns Submariños de Avilés é a que ten máis superficie arrastrada. O informe revela tamén que este tipo de pesca “destrutiva” ten lugar no 90% das áreas mariñas protexidas europeas. 

Outro informe, este do Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM), demostra que o peche do 30% das augas da UE do Mar do Norte, o Mar Céltico e o Mar Báltico a pesca de fondo “tería” un impacto socioeconómico “pequeno” para os pescadores e “considerables beneficios” para os ecosistemas mariños.

Pola súa banda, o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR traballará nos vindeiros catro anos con doce institucións de cinco países de Europa e África nun novo proxecto europeo cuxo obxectivo é reducir a captura incidental de megafaunas ameazadas  no Atlántico central e oriental e contribuir así a unha xestión pesqueira mais sostible, argumento que o sector do arrastre galego para nada comparte.

Todo este panorama en nada axuda ao mantemento da actual frota arrastreira galega, sumamente mermada no último decenio e cun saldo negativo evidente que levou ao despezamento ou venda a un nada desprezable número de unidades con base en portos das tres provincias marítimas de Galicia.

Outros artigos

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

 Es una frase apócrifa que Luis XIV de Francia habría pronunciado el 13 de abril de 1655 ante el Parlamento de París, a los dieciséis años de edad No obstante, tal frase no consta en las actas de las reuniones del Parlement, por lo que se duda que tal anécdota...

+

“No cárcere” – Xulio Xiz

Como membro dunha sociedade democrática, con poderes básicos, forzas executoras, leis que marcan reglas de xogo, presunta igualdade de oportunidades e plena integración en Europa, calquera de nós corre perigo de pechar os ollos e coidar que vive nun mundo camiño da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...