A Deputación colaborará con Ribeira na elaboración do programa cultural da inauguración do novo Auditorio

18 Abril 2024

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e a deputada de cultura, Natividade González, acudiron ao Concello de Ribeira, onde se reuniron co alcalde, Luís Pérez Barral, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, e a concelleira de Economía e Facenda, Herminia Pouso, para abordar posíbeis vías de colaboración de cara á inauguración do novo Auditorio Municipal, prevista para o vindeiro 15 de xuño. Ademais, aproveitaron para visitar o Museo do Gravado.

Dende a Deputación valoraranse diferentes posibilidades para colaborar na programación especial da apertura deste “equipamento cultural de referencia comarcal”, tal e como sinalan dende o Consistorio.

Na xuntanza abordáronse tamén as diferentes liñas de colaboración que permitan ao Concello de Ribeira acceder aos fondos dispoñíbeis a través da Deputación.

A deputada de Cultura mostrou “toda a disposición” da súa área para “contribuír a dotar de vida a este espazo con gran potencial para a difusión da nosa cultura”, revelou, “nun fito tan relevante como é a súa inauguración”. Tal e como sinalou, “auditorios como este son o mellor escaparate da nosa identidade, e representan unha excelente oportunidade para promocionar a nosa cultura e para dinamizar a comarca, a provincia e o país”.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.