A Corporación de Boiro acorda o seu firme rexeitamento ao proxecto da macrocelulosa no Ulla

19 Abril 2024

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 18 o pleno ordinario correspondente ao mes de abril. A sesión contou cun total de 11 membros da Corporación ao rexistrarse a ausencia da concelleira de Boiro Novo, Dores Torrado, e os cinco concelleiros do Partido Popular que abandonaron o plenario antes de comezar o debate do primeiro punto da orde do día. A sesión, entre outros acordos, saldouse coa aprobación dunha proposta do BNG para rexeitar o proxecto de construción da macrofactoría de Altri en Palas de Rei, unha iniciativa que segundo salientou a agrupación nacionalista (e tamén o Goberno de Boiro, tal e como se expresou esta mesma semana o alcalde José Ramón Boiro na presentación das alegacións contra o proxecto) tería graves consecuencias ecolóxicas (e produtivas) non só para a comarca da Ulloa, senón tamén para o río Ulla e, polo tanto, a ría de Arousa, xa dabondo castigada por décadas de vertidos.

A sesión pode verse íntegra a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.

Votacións da sesión

1. Aprobación inicial do crédito extraordinario núm. 1/2024 financiado con cargo ao remanente líquido de tesourería – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 2 en contra (BNG).

2. Aprobación do recoñecemento extraxudicial de créditos núm. 1/2024 – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 2 en contra (BNG).

3. Moción do grupo municipal do BNG para amosar o rexeitamento do plano ao proxecto de construción dunha macrofactoría de pasta de celulosa ALTRI en Palas de Rei – aprobación con 11 votos a favor (PSOE + BNG).

4. Moción do grupo municipal do BNG para a recuperación do nome da rúa coñecida popularmente como “Carretera do muelle” – rexeitado con 2 votos a favor (BNG) e 9 votos en contra (PSOE).

5. Moción do grupo municipal do PP sobre a normativa dos galiñeiros de autoconsumo – rexeitado con 9 votos en contra (PSOE) e 2 abstencións (BNG)

6. Moción do BNG de apoio ás Propostas da CIG na campaña Stop Precariedade Traballo Digno – rexeitada con 2 votos a favor (BNG) e 9 en contra (PSOE).

Outros artigos

Xoves regresa o sol e sobe a temperatura

Galicia irá quedando durante o xoves baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos con poucas nubes en xeral. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

 Es una frase apócrifa que Luis XIV de Francia habría pronunciado el 13 de abril de 1655 ante el Parlamento de París, a los dieciséis años de edad No obstante, tal frase no consta en las actas de las reuniones del Parlement, por lo que se duda que tal anécdota...