A Biblioteca de Ribeira convocou un concurso escolar de deseño de marcapáxinas

15 Abril 2024

A Biblioteca Municipal de Ribeira convocou este curso un concurso de deseño de marcapáxinas dirixido ao alumnado de primaria.

Nas bases especifícase que os debuxos deberán ser orixinais e inéditos. O deseño gañador publicarase nos marcapáxinas que se regalarán ás persoas usuarias da Biblioteca Municipal.

O prazo de entrega remata este 16 de abril.

O obxectivo é “promover a creatividade artística e plástica entre o alumnado de Educación Primaria, mediante a elaboración dunha ilustración alusiva ao libro e á lectura para o público infantil”.

Coa achega gañadora o Concello de Ribeira elaborará unha tiraxe de marcapáxinas que serán agasallados aos usuarios e usuarias na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.