A axenda de Rianxo nesta terceira semana de abril inclúe contacontos sobre Europa, presentacións literarias, premios audiovisuais e teatro

16 Abril 2024

A Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiu a súa axenda de actividades para esta terceira semana de abril, unha axenda na que tamén teñen cabida as accións achegadas dende as asociacións e colectivos locais. O programa inclúe contacontos sobre Europa (en Taragoña este martes pola tarde), a presentación do novo libro de poemas dunha das grandes promesas da poesía de Iberoamérica (Diego Roel, de raíces rianxeiras), a gala final do Certame de Curtas Alberto Romero e teatro a cargo de Excéntricas (Monstros e Pirolíticos).

Martes 16 de abril

18.00 h. Centro Cultural de Taragoña. Contacontos: Kalopsia: Un planeta non tan diferente, ao abeiro do programa Europa no teu Concello. Inscrición previa en xuventude@concelloderianxo.gal.

Xoves 18 de abril

20.30 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Presentación do poemario Los cuadernos perdidos de Robert Walser, do poeta Diego Roel (premio Loewe 2023).

Venres 19 de abril

20.30 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Libros, presentación Aqueles Corpos Nosos de Adrián Ramos.

Sábado 20 de abril

19.00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Gala de entrega de premios do VIII Certame de Curtas Alberto Romero.

Xa están á venda, woutick, as entradas para as funcións organizadas por Producións Excéntricas:

Sábado 27 de abril – 18.00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Teatro familiar, Monstros a cargo de Producións Excéntricas.

Sábado 5 de maio – 20.30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Teatro, Pirolíticos por Excéntricas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.