A axenda de Rianxo deste ecuador de abril vén con presentacións literarias, xornadas de saúde e autismo e a nova edición de Vai de Bares

09 Abril 2024

O Concello de Rianxo compartiu a axenda de actividades para esta semana e para esta finde, unha axenda que se completa coas accións programadas polas entidades asociativas con base no municipio. A listaxe de actividades inclúe obradoiros de saúde para mulleres, un café con libros, un faladoiro e unhas xornadas sobre autismo e a presentación de Somos un pobo de artistas: o método Luísa Villalta, de Xurxo Souto. Ademais, Vai de Rodas celebra a súa ruada polos bares rianxeiros: Vai de Bares.

Martes 9 de abril

16.30 – 20.30 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Obradoiro sobre endometriose organizado pola Concellería de Política Social.

Mércores 10 de abril

17.00 h. Biblioteca provisional no Auditorio de Rianxo. Café con libros na Biblioteca municipal de Rianxo.

18.00 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Xornadas autismo. Faladoiro. Espazo para xerar diálogo e debate con profesionais de diferentes ámbitos. Organizadas pola Concellería de Política Social.

Venres 12 de abril

17.00 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Xornadas autismo. Actividade Perruna. Prazas Limitadas 687332809. Faladoiro e Contacontos. Organizadas pola Concellería de Política Social.

20.30 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Presentación do libro de Somos un pobo de artistas: o método Luísa Villalta de Xurxo Souto. Organizadas pola Irmandade da Música Galega.

Sábado 13 de abril

A partir das 20.00 h. Rianxo. Vai de bares organizado pola Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda.

20.30 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Presentación do libro Natureza, camiños, emocións de Xosé Manuel Lobato.

Martes 16 de abril

18.00 h. Centro Cultural de Taragoña. Contacontos: Kalopsia: Un planeta non tan diferente, ao abeiro do programa Europa no teu Concello.

Xoves 18 de abril

20.30 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Presentación do poemario Los cuadernos perdidos de Robert Walser, do poeta Diego Roel (premio Loewe 2023),

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.