“Volver a empezar”. Xulio Xiz

12 Marzo 2024

Debeu de ser a finais dos setenta, morto o dictador, que os rapaces de esquerdas – PC especialmente, e nacionalistas – clamaban publicamente por “Libertad, amnistía y estatuto de autonomía”. Pouco antes, un rapaz lucense fora expulsado da Universidade por andar colocando nos escaparates pegatinas aque proclamaban “Viva Galicia ceibe e socialista”.

Poñamos que a liberdade veu coa constitución de 1978, a autonomía co Estatuto de 1981, e logo pasamos corenta anos – habería indultos, perdóns e todo o que procedese para regularizar a situación – sen que a palabra amnistía nos conmovese.

Superamos o comezo de século temendo a revolucion dos ordenadores, o 2012 dos Mayas que pasamos sen pena nin gloria, mesmo o Covid do 2019 que a nós chegounos o 20, e eso si que foi unha traxedia, pero ninguén nos avisou de que a década dos vinte ía ser tan problemática.

Non se pide agora, coma hai case medio século, a amnistía porque os galegos non temos globalmente delitos que penar, aínda que se se concede imos pagala por activa ou por pasiva. Nós teríamos que andar pedindo amnistía xeral – exención, mellor – das penas que sufrimos e sufriremos pola desigualdade de trato entre autonomías.

Dinnos que isto é pola harmonización das Españas, pero a verdade é que entre amnistiadores e amnistiados están producindo unha fractura social que imos tardar moito tempo en superar, se é que resulta superable. De liberdade e estatuto parecemos estar servidos. Sobre o da amnistía haberá que volver a empezar porque, alomenos aos galegos, coa que veña estase castigando sen motivo nin dereito a nosa inocencia.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...