Vendidos 5.000 euros en Bonos Negocios 10 ao longo da primeira semana de campaña en Boiro

14 Marzo 2024

Cando se cumpre unha semana da posta en marcha da campaña de promoción comercial Bonos Negocios 10, impulsada pola patronal boirense (ABE), xa se venderon 5.000 € en bonos dos 10.000 € dispoñíbeis. Así o fixo saber a asociación empresarial no seu primeiro balance da actividade, no que lembra que os bonos que teñen un valor de 50 € pero que ao cliente só custan 40€ (levan 10 € de agasallo como aliciente para que sexan utilizados nos establecementos asociados).

A ABE tamén recorda que “das 200 caixas que se puxeron á venda o 7 de marzo xa soamente quedan a metade que se poden adquirir nas oficinas da ABE ata esgotar existencias a razón de 1 caixa por DNI”.

O presidente da ABE, Daniel García explicou que “ o arranque da campaña foi un éxito xa que en apenas unha semana xa se venderon a metade dos bonos dos que se dispuña” e que con esta iniciativa “pretendese incentivar as compras nun período onde o consumo é baixo para acadar mais de 10.000 € de retorno en compras nos negocios da localidade dos que xa levamos 5.000€”. Ademais advertiu aos clientes que a poden utilizar en todo tipo de produtos como “roupa, calzado, alimentación, electrodomésticos, decoración, reformas, climatización, xogueterías, librarías, tinturarías, gasolineira, transporte, bares e cafeterías, restaurantes, ocio nocturno, turismo rural, saúde e benestar e un longo etcétera”.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.