Unha persoa tivo que ser excarcerada tras colidir contra unha árbore o coche no que circulaba en Padrón

15 Marzo 2024

O copiloto do turismo resultou ferido esta tarde tras saírse da vía o turismo no que viaxaba.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos equipos de emerxencia desprazados ata o punto despois de que o vehículo no que circulaba rematase accidentado contra unha árbore.

O sinistro ocorreu ás 16:30 horas da tarde na parroquia de Carcacia, situada no municipio de Padrón (A Coruña). Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do accidente por parte dun particular e poñía en marcha un operativo que contou coa intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os membros do GES de Padrón, os Bombeiros de Boiro, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Finalmente, segundo a información recibida no 112 Galicia por parte do GES de Padrón, o vehículo accidentado era unha furgoneta con dous ocupantes no seu interior, aínda que só un deles estivo atrapado. Tras rematar as labores de excarceración, o ferido foi trasladado a bordo dunha ambulancia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.