
Un coloquio con Mulleres Salgadas (charla celebrada o sábado pasado no Cuartel Vello e protagonizada por cinco mulleres que traballaron toda a súa vida no mar) e unha sesión divulgativa sobre solo pélvico (ao abeiro do ciclo Muller e Saúde) constituíron o arrinque das actividades programadas polo Concello de Rianxo para celebrar o Día Internacional da Muller, este venres 8M.
O programa foi elaborador polo Concello en colaboración con Mulleres Salgadas-Asociación Galega de Mulleres do Mar, a Asociación Festival Rock in Rian, o IES Félix Muriel, a Asociación Veciños Araño e a Comisión de Festas Do Araño.

A axenda proseguirá, precisamente, este 8 de marzo ás 12.00 horas, intre no que está prevista unha concentración de mandís na praza de Castelao da vila rianxeira, protagonizada polo alumnado dos centros educativos do municipio. Nesa mesma xornada do 8 de marzo ás 20.00 horas, celebrarase un acto institucional ás 20.00 horas no Campo de Arriba que virá acompañado dun concerto de The Tetas Van.
O sábado 9 proxectarase o filme O Corno, de Jaione Camborda, no Auditorio de Rianxo (ás 20.00 horas).
O 12 de marzo, ao abeiro do ciclo Muller e saúde, desenvolverase un novo coloquio no Auditorio de Rianxo a partir das 16.30, desta volta centrado na menopausa.
O sábado 16 de marzo proxectarase o filme Matria nas Escolas Vellas de Atalaia (Asados) a partir das 20.00 horas. A axenda rematará o 19 de marzo a partir das 16.30 horas cun coloquio sobre a menarquía do ciclo Muller e saúde.



