Unha colisión entre dous coches deixa dúas persoas trasladadas en Lousame

04 Marzo 2024
Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro xunto Ges de Noia actuando en accidente en Merelle no Concello de Lousame.

Os Bombeiros de Boiro axudaron a unha delas a saír do seu vehículo, mentres que o GES de Noia ocupouse de despexar o asfalto.

Dez minutos despois das 17 horas, o 112 Galicia tivo constancia do accidente mediante o aviso do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: dous coches colidiran no quilómetro 2 da DP-1105, en Tállara.

Logo de ser atendidos no punto, ambos feridos serían evacuados en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Desde o 112 Galicia solicitouse a acción dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia e da Garda Civil de Tráfico.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro xunto Ges de Noia actuando en accidente en Merelle no Concello de Lousame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.