Un total de 123 nenos e nenas do CPIP Cernadas de Castro participan no proxecto “As mulleres que nos constrúen”

04 Marzo 2024

Un total de 123 nenos e nenas de Educación Primaria do CPIP Plurilingüe Cernadas de Castro tomaron parte no proxecto As mulleres que nos constrúen, promovido polo Concello de Lousame como parte das actividades conmemorativas do Día Internacional da Muller (este 8M). Trátase dun proxecto financiado a través do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

“O obxectivo é que estes nenos e nenas, de entre os 6 e os 12 anos, indaguen nas historias das súas orixes, para o que solicitamos a colaboración das respectivas familias para que cada crianza poida coñecer de onde ven e o que as mulleres que forman parte da súa familia achegan á súa propia identidade”, explicou a concelleira Silvia Agrafojo, engadindo que “de entre todas as mulleres da familia, escollerán unha e compartirán as súas investigacións sobre ela cos seus compañeiros e compañeiras”.

Deste xeito, e a través dunha foto escollida do álbum familiar, crearán xunto aos seus compañeiros e compañeiras unha historia visual das súas familias, que plasmarán nun mural conxunto que máis adiante poderá ser visitado polas propias familias. “O obxectivo final é promover o interese da rapazada por coñecer a memoria familiar e, sobre todo, que poñan en valor a aquelas mulleres que non van saír nos libros de historia pero que forman parte da historia desa familia”, rematou Silvia Agrafojo.

O proxecto As mulleres que nos constrúen iniciouse a pasada semana nas instalacións do CPIP Cernadas de Castro de Lousame, onde a rapazada está guiada por técnicos e técnicas de Tarabela Creativa.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.