Un parapentista evacuado en Porto do Son tras caer do parapente que manexaba

29 Marzo 2024

O home foi trasladado nunha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Hospital La Rosaleda de Santiago de Compostela.

Pasados dez minutos das dúas e media deste mediodía, un particular contactou co 112 Galicia para informar de que o seu compañeiro acababa de caer co parapente, en Goiáns, no miradoiro do Monte Iroite, en Porto do Son. Aseguraba que estaba ferido, pero non o querían mover por se as lesións fosen importantes.

A partir dese momento, desde o 112 Galicia púxose en marcha un operativo de intervención no que interviñeron ademais do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e os Bombeiros de Ribeira. Ademais, informouse dos feitos ao GES de Noia, aos Bombeiros de Boiro, á Policía Autonómica, á Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Igualmente, nada mais ter constancia do suceso, os xestores do 112 tamén informaron da situación ao persoal da Torre de Control do Aeroporto de Santiago de Compostela e ao persoal do Servizo de Busca e Salvamento Aéreo (S.A.R).

Con todo, unha vez estabilizado o doente nunha padiola, unha ambulancia trasladouno ao centro hospitalario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...