
Rematado o prazo de inscrición no Trail de Outes, a cifra de participación desta proba deportiva será de 430 persoas en total. Delas/es, 99 inscribíronse na distancia longa (26 km), e 167 na curta (16 km). Ademais, contarase con 164 camiñantes para a andaina.
O Trail de Outes vén da man de Arousa Neo coa colaboración co Concello e forma parte das Trail Series 2024, que se celebran en 2024 en tres quendas, a primeira das cales celebrouse xa en Porto do Son, e agora é a quenda de Outes. As series rematarán en maio na Pobra.
As Trail Series 2024 presentan este ano un trazado renovado co obxectivo de seguir reivindicando a nosa comarca como escenario de primeira categoría para correr ou camiñar montañas.
Este domingo trasládannos a Outes (o Trail de Outes, o 17 de marzo) e logo á Pobra do Caramiñal (o 26 de maio co Trail de San Isidro).
Para as tres probas Arousa Neo conta co apoio e colaboración dos ditos Concellos.
Ficha técnica Trail de Outes
Data: Domingo 17/3/2024
Hora: 10:30 h.
Lugar de saida/meta: Serra de Outes
Distancias: 25 km – 16 km – Andaina 15 km
Desniveis+: Longo 1168 m+ – Curto 730 m+ – Andaina 670 m+
Tempos de corte:
25 km: tempo máximo 3.15 h. – Corte: Facilitarase proximamente.
14 km: tempo máximo 2:30 h.
Avituallamentos: 3 na distancia longa – 2 na distancia curta (incluíndo o de meta)
Non se permite a participación con cans
Duchas: Pavillón Municipal de Outes
Prezo: 20 € ou 15 € (Andaina 7 €)



