Ribeira acollerá o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia de 2025

12 Marzo 2024

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar, acordou por unanimidade (na asemblea celebrada o sábado 9 de marzo) aprobar a candidatura presentada polo Concello de Ribeira e a Confraría da Dorna para ser sede do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará entre os días 17 e 20 de xullo de 2025.

O proxecto foi presentado ante as asemblea de Culturmar por un grupo de membros da Real e Ilustre Confraría da Dorna, encabezado polo seu presidente, Juan José Segade, e polo alcalde ribeirense, Luís Pérez Barral.

Na presentación, o equipo promotor do proxecto fixo unha ampla exposición das oportunidades que ofrece Ribeira para a promoción e divulgación da cultura marítima.

Os asistentes lembraron “o feito histórico de que foi precisamente en Ribeira onde se celebrou no ano 1993 o primeiro Encontro, comezo dun ciclo de éxito que en 2025 cumprirá 32 anos de vida”.

Segundo explicaron, o encontro consiste nunha gran concentración de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego, así como doutras zonas xeográficas, acompañados de actos culturais e de lecer, xornadas de conferencias, coloquios, exposicións, publicacións, música e danza tradicional, artesanía, etc.

A celebración do mesmo, que ten carácter bianual desde 1993, ten por obxecto principal “poñer de manifesto a riqueza do noso patrimonio marítimo e fluvial e a necesidade de conservalo”, sinalaron.

Ademais, recordaron que o evento serve para amosar o traballo no eido da recuperación do patrimonio feito polas asociacións, é ó mesmo tempo, “supón unha actividade de dinamización social e de lecer, converténdose nunha festa atractiva para os cidadáns e visitantes da vila que acolle o encontro”.

A este evento están convidados todas as asociacións pertencentes a Culturmar e entidades afíns, tanto de Galicia como de Portugal, Irlanda, Francia, Euskadi, Cataluña, Andalucía, Levante ou das Illas Baleares, así como particulares e institucións de interese cultural e patrimonial.

Outros artigos

Sábado con chuvascos e baixa da temperatura

O sábado Galicia queda na influencia das baixas presións que se situarán ao norte da Comunidade, deixando unha xornada de chuvascos localmente treboentos máis intensos no litoral e que irán a menos co avance da tarde, sendo pouco probables no interior pola noite. A...

+

Atopan o cadáver dun home no seu domicilio en Noia

Un home de 78 anos foi achado sen vida no seu domicilio. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia accedeu ao interior da casa a través dunha xanela, xa que non puideron abrir a porta, a cal estaba pechada con chave. O corpo sen vida pertencía a un residente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...