“Que queda dos pellets vertidos nas costas galegas a finais de decembro de 2023?”. Antón Luaces

16 Marzo 2024

O buque Toconao foi condenado pola sociedade galega debido ao vertido de pellets  que, a piques de rematar o ano pasado, comezaron a chegar á costa de Galicia.

Coa chegada do temporal que afectou días dempois á comunidade autónoma e, especialmente á costa, os pellets foron desaparecendo aos poucos, coa advertencia de que o que mar levaba, traeríao novamente.

Por sorte non foi así, malia que se calcula que son varios os contedores afundidos (non  se sabe onde) ou que seguen ao garete coa sùa carga no océano.

Máis queda a dúbida sobre se foi necesaria a pelexa dialéctica entre a Xunta e o Goberno -seguida polos medios de comunicación (este incluido) en todos os sentidos- para determinar as responsabilidades de cada quen na atención-desatención do caso. 

Pasou o día e, coma sempre, pasou a romaría?. 

Particularmente sinto unha especie de desazón polo remate dunha cuestión na que tanto se involucraron as administracións nacional e autonómica para, ao remate, carecermos de concrecións a respecto das responsabilidades de cada quen, incluidas as que atinxen aos armadores do  cargueiro.

Lembremos: o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia acordara instruir dilixencias por un posible delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente debido ao vertido á costa galega  de millóns de pellets de plástico. A xuiza do caso ordeou á Unidade do Servizo de Proteción da Natureza (Seprona) da Garda Civil a remisión ao xulgado dun informe no que se consignaran os datos recabados en relación coa titularidade do cargueiro Toconao, as circunstancias nas que se producira a perda de parte da súa carga (entre esta catro contedores, un deles, con pellets de plástico), o contido desa carga, a composición e posible toxicidade dos pellets vertidos, e máis o alcance do vertido e a delimitación da área afectada.

Toda esta tramitación xudicial  foi consecuencia en boa medida, da denuncia presentada no seu día por Podemos, amáis da interposta conxuntamente pola Fundación Montesola, Ecoloxistas en Acción e a Plataforma pola defensa do Mar da Comarca Muros-Noia.

Compre lembrar a solicitude feita pola Xunta de senllos informes para a análise da toxicidade do vertido de pellets. Un deles asinado polo doutor en Ciencias e Tecnoloxía de polímeros Santiago García Pardo, e outro encargado ao Centro Tecnolóxico de Investigación  Multisectorial  (CETIM) da Coruña. Ningún destes informes analiza mostras do vertido e están tomados das fichas técnicas  dos pellets elaboradas polo fabricante, segundo Maldito Clima, que sinala que no primeiro informe consta que o material dos pellets é un 90% de plástico (polietileno) e o restante 10%, aditivo. O segundo informe significa que os pellets teñen, nunha porcentaxe menor, un ingrediente danino para a saúde humana e animal: Apentaery-Thritol Tethakisi, substancia química utilizada nas instalacións industriais relacionadas coa saúde humana e animal. Un material non  perigoso segundo a ficha técnica e de seguridade dos pellets, sen riscos, segundo a normativa vixente. Se houbera algún risco, este debería aparecer na ficha, polo que se desbota o perigo.

O produto, como se dixera nun principio, “é apto para uso alimentario”, o que non signjfica que sexa comestible, senon que pode entrar en contacto cos alimentos.

A Xunta non respostou a preguntas sobre datas nas que se solicitou o informe, cando se publicou este e as fichas técnicas e de seguridade dos produtos. E no que atinxe á información toxicolóxica, os valores recibidos son cero en total. Non é un produto canceríxeno e non dana ao feto nen á fertilidade. Sí se especifica -segundo cita a publicación citada- que en caso de vertido accidental, non  se debe inhalar o pó, evitando o contacto coa pel e a roupa cando se proceda á limpeza desta, así como evitar a formación de pó. 

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.