“Primeira parte, amnistìa. Seguinte capítulo, independencia de Cataluña” – Antón Luaces

15 Marzo 2024

Nunca tan escasos deputados no Congreso español tiveron tantísimo poder. Junts gaña onde nunca soñou e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), que leva anos batendo o cobre no mesmo Congreso dos Deputados, recolle velas mesmo na presidencia da Generalitat obrigada esta a non presentar o seu proxecto de orzamentos para 2024 pola falta de apoio e, consecuentemente, á convocatoria de novas eleccións autonómicas anticipadas. 

Nun horizonte máis ou menos visible, as forzas catalanistas -ao igual que aquelas que non son deste corte- estarán inmersas noutra convocatoria electoral se atendemos ao sinalado por Junts: a declaración de independencia de España da hoxe en día comunidade de Cataluña . Unha declaración baseada nun pacto co Goberno español para tal evento porque este precisa dos votos de Junts para “aguantar” a actual lexislatura (da que só levamos vividos uns meses) e no feito de que a Constitución española non prevé que o mapa xeográfico nacional se fracture ou modifique sen que a maioría dos españois con dereito a voto así o ratifiquen. 

É máis: son os propios representantes de Junts (entre estes o ex presidente Puigdemont, actual eurodeputado deste partido) os que así o proclaman: “E agora, a independencia”. 

Téñeno nidiamente claro: acadada a amnistía dos afectados xudicialmente pola última tentiva soberanista, con ou sen consulta previa (referendo) o obxectivo é, agora, acadar a “construción” do Estado  catalán. Será así sen que nen sequera as campás que repican na Unión Europea avisando dos prexuízos que para a cidadanía catalana carrexaría o seu desmembramento do Estado español, signifiquen unha  merma do seu sentimento independentista. Seguramente sen que se repitan as circunstancias de vai sete anos. 

Só o voto maioritario en contra desta idea catalanista dos cidadáns podería deter o afán secesionista de Junts e ERC, entre outros. Para que fose así, a Generalitat tería que consultalo cos seus administrados, o que implica un pacto previo co Goberno español que, dou por feito, só o aceptaría de ter a seguridade dun voto negativo que ninguén pode, a día de hoxe, dar por certo.

Polas entremedias, unhas eleccións autonómicas en maio cargadas de incertezas e con, a priori, tres candidaturas con opcións de gañar (e gobernar en coalición): PSC, Junts e ERC.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.