Presentación poemario Ana Lojo Chan: O número 5 acada un forte simbolismo no poemario presentado na Pobra

02 Marzo 2024

Cinco estrofas por poema, vinte e cinco composicións, cinco sentidos… 5. Este é o título elixido por Ana Lojo Chan para o seu poemario; unha cifra que acada un forte simbolismo no mesmo. Trátase do segundo libro que presenta a autora na Pobra do Caramiñal tras Marea morta. O Auditorio do Museo Valle-Inclán foi o espazo que acubillou o novo acto na tarde do 1 de marzo, onde tamén participaron a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a escritora Marta Ojea.

O Auditorio do Museo Valle-Inclán foi o espazo que acubillou o novo acto na tarde do 1 de marzo, onde tamén participaron a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a escritora Marta Ojea.

Na súa intervención, a edil puxo de manifesto que “se hai un xénero literario que se caracteriza pola expresión dos sentimentos, ese é a poesía. Non é de estrañar, polo tanto, que sexan moitas as plumas que opten por plasmar o seu desasosego en forma de versos.” E, nesta obra, “constátase unha evolución dende a tristeza a pensamentos máis optimistas”, sinala a titular de Cultura, quen engade o significativo da presentación deste poemario ás portas do Día Mundial da Poesía, que se conmemora no 21 de marzo.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.