Política Lingüística achega aos concellos 350.000 euros para a promoción do galego no ámbito local

27 Marzo 2024
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, nunha imaxe de Xoán Crespo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Valentín García destinará este ano 350.000 euros á promoción da lingua galega no eido local. Así o recolle a resolución da Secretaría publicada no DOG pola que se se establecen as bases para a concesión das subvencións en 2024. Nelas especifícase que os concellos galegos e agrupacións dos mesmos que superen os 3.000 habitantes poderán solicitar dende este 27 de marzo e até o 26 de abril estas axudas, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico e promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega nas entidades locais.

As solicitudes irán dirixidas á Secretaría Xeral de Política Lingüística e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

“Con este apoio”, explican fontes de Política Lingüística, “as entidades beneficiarias prestarán á poboación servizos lingüísticos baixo algunha das tres modalidades obxecto de subvención: a creación dunha unidade técnica de traballo, o mantemento das xa existentes ou a implantación de programas de dinamización lingüística”.

Os concellos ou agrupacións destes que resulten beneficiarios terán a posibilidade de imputar os gastos derivados das accións normalizadoras que se realicen no período que vai desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2024.

A convocatoria enmárcase nas accións de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, entre as que destacan a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), que integra máis de 200 entidades e os programas e as iniciativas asociadas a ela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.