“Pesca ilegal e abusos dos dereitos humanos en buques chineses denunciados pola Environmental Justice Foundation”. Antón Luaces

21 Marzo 2024

Non é a primeira vez que se denuncia a existencia de pesca ilegal en buques da frota chinesa, pero agora súmase a esto a comisión de abuso dos dereitos humanos en barcos da máis importante empresa de productos do mar en China. Por este motivo recoméndase aos gobernos que introduzan unha vixilancia rigorosa, inspeccións portuarias e controis de importación; os responsables políticos deben investigar e depurar as cadeas de subministración contaminadas; e os compradores mundiais de marisco deben esixir responsabilidades e trazabilidade.

A frota pesqueira de Zhejiang Ocean Family, unha das principais empresas pesqueiras do mundo, ven de ser acusada de pesca ilegal e abusos dos dereitos humanos pola Environmental Justice Foundation  (EJF), após a publicación dun exhaustivo informe que desvela revelacións en torno ás súas operacións.

Zhejiang Ocean Family Co., Ltd, (ZOF) é unha importante empresa do sector dos produtos mariños con amplos vínculos na cadea de subministros de produtos do mar en China e todo o mundo. Contribuiu co 14,63% da produción total de atún de China en 2020 e o marisco, con abusos nos dereitos humanos e destrución do medio ambiente, ,co que poderìa estar entrando nos cadros de subministros internacionais a unha escala significativa rematando nos andeis dos minoristas de renome.

Unha ducia de buques propiedade de ZOF ou das súas filiais (ou fletados por elas) están implicados nas violacións dos dereitos humanos e/ou actividades de pesca ilegal, non declarada e non regulamentada como o cercenamento das aletas das quenllas e a matanza deliberada de cetáceos.

Un mariñeiro dun destes buques informou que o seu barco capturaba tartarugas, quenllas, baleas e mesmo pingüinos. Tamén denunciaron abusos dos dereitos humanos nestes buques, incluidos abusos físicos, deduccións salariais, trata de seres humanos e traballos forzados que, segundo declaracións da tripulación, provocaron o suicidio dun mariñeiro por depresión e a morte doutro por enfermidade.

O informe de EJF, baseado en testemuños de membros da tripulación, probas fotográficas e filmadas, datos AIS e intelixencia de fontes abertas, describe meticulosamente a pesca INDNR e os abusos contra os dereitos humanos cometidos nos buques da empresa.

Os rexistros públicos da sociedade revelan conexións con importantes distribuidores internacionais de marisco que, á súa vez, subministran a moitas marcas domésticas -algunhas moi recoñecidas en Europa-  se ben non hai evidencias de que estas empresas foran conscientes dos abusos perpetrados por ZOF, pero poden ter vendido sen o saber, produtos dos 12 buques investigados por EJF.

O goberno chinés proporciona importantes subvenciòns para manter esa frota, que ascenden a 10,9 millóns de dólares en 2019, 12,1 millóns en 2020 e 11,3 millóns en 2021, segundo algunhas publicacións.

Estes buques dependen do transbordo en alto mar -o intercambio de  peixe e a veces de tripulacións-  con cargueiros refrixerados abandeirados en Panamá, Corea e China, práctica que permite aos seus produtos  chegar rápidamente aos mercados de varios países, entre estes Corea, Xapón e Francia (a través da Polinesia francesa). Tal transbordo significa asimesmo que os buques poidan permanecer no mar durante longos períodos -en ocasións ata dous anos- sen regresar a porto, o que facilita a súa actividade ilícita e o abuso da tripulación que carece da oportunidade de fuxir dos barcos nos que supostamente se producían os abusos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...