Outes celebra o 8M cun obradoiro de lactancia materna, un scape room, teatro e unha andaina polo río Tins (o domingo)

06 Marzo 2024

O Concello de Outes e o Centro de Información á Muller (o CIM local) presentaron o seu programa de actividades destinadas a conmemorar o Día Internacional da Muller, este 8 de novembro. A axenda inclúe un obradoiro de lactancia materna este venres 8 ás 11.00 horas, na Casa da Cultura de Outes (con inscricións no CIM de Outes).

Na mesma xornada do venres 8 de marzo celebrarase un scape room de igualdade (Misión 8M) destinado ao alumnado do IES Poeta Añón.

O domingo 10 de marzo celebrarase unha andaina polo sendeiro do río Tins encadrada nas celebracións do 8M, apta para todas as idades e con comezo fixado para as 11.00 horas. A saída será da praza de Galicia, coa entrega das camisetas conmemorativas. Á chegada haberá un pequeno avituallamento e leras un manifesto a favor da igualdade. As inscricións cómpre facelas no CIM de Outes (até o 8 de marzo ás 14.00 horas).

O luns 11 tamén haberá unha cita teatral para conmemorar o Día da Muller. Trátase da representación de Jane e Rachel, do grupo Trémola. Será na Casa da Cultura de Outes. Trátase dunha peza destinada ao alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes.

Máis información no CIM de Outes, no teléfono 981 850 949.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.