Outes acolle este sábado o espectáculo “Cando lle permito ao corpo aquilo que digo”, da plataforma De Corpos Presentes

14 Marzo 2024

Este sábado 16 de marzo ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Outes terá lugar a representación de Cando lle permito ao corpo aquilo que digo, de Alejandra Balboa e Pavel Amilcar, enmarcada no ciclo programado pola plataforma galega para as artes performativas De Corpos Presentes.

Seleccionada por Sabela Mendoza, esta obra entrelaza a danza contemporánea e a música barroca na súa proposta. Trátase dun proxecto de investigación sobre o sentido do gusto e o concepto degustación tanto no ámbito da creación artística como na propia linguaxe de movemento, explorando a boca como lugar desde o que florecer.

Máis en detalle, De Corpos Presentes explica que “esta proposta ten o desexo de adaptarse á peculiaridade arquitectónica, sonora e paisaxística de cada lugar, coa vontade de mimetizar o diálogo artístico co espazo que a acolle, de tal forma que todos os elementos que forman parte, materia, son, espazo, espectadores, teñan a oportunidade de degustar o mollo, o sabor do propio encontro”.

Ademais, os seus protagonistas, Alejandra Balboa e Pavel Amilcar, realizarán unha estancia creativa desde hoxe nos espazos culturais do Concello de Outes.

Sobre De Corpos Presentes

De Corpos Presentes é unha plataforma de produción, investigación e difusión das artes performativas contemporáneas en Galicia; procura activar conexións entre artistas con procesos creativos en marcha no noso territorio, e espazos museísticos, culturais e de coñecemento sensbeis á creación contemporánea, abrindo diálogos entre estes traballos artísticos e públicos diversos. A forma destas conexións defínese a través dun traballo de curadoría e mediación, para xerar un programa axeitado en cada caso. Así mesmo, a plataforma procura establecer colaboracións e intercambios con outras xeografías.

De Corpos Presentes fai alusión aos corpos de hoxe e ao seu estar xuntos nos nosos tempos, habitados e por habitar. Por unha banda, á materia mesma das artes performativas: o corpo como material poético. A súa expresión en plural (corpos) atende á noción de comunidade e/ou de multitude.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...