O vindeiro domingo 17 de marzo o comercio da Asociación de Empresarios de Portosín festexará a nova edición do seu Outlet, unha actividade que pon ao alcance de cidadáns e visitantes importantes descontos de produtos (de até o 70%) ao tempo que lles permite apostar plenamente polo comercio de proximidade. O programa inclúe á hora do xantar, arredor das 14.00 horas, unha degustación de porco ao espeto. A sede principal das actividades será a carpa habilitada pola AEP na praza do curro de Portosín, entre as 12.00 do mediodía e as 20.00 horas. Organiza a patronal coa colaboración do Concello e a Deputación da Coruña.




