
Polo menos tres persoas morreron e outras catro resultaron feridas -tres delas en estado crítico- no ataque levado a cabo o pasado mércores por rebeldes iemenenses hutis contra barcos que navegaban no Mar Roxo e o golfo de Adén, nunha medida que se entende como de defensa e apoio á poboación palestina por parte do exército de Israel. Entre os mortos e feridos non figura ningún español.
Este ataque cadra no tempo coa demanda da patronal pesqueira española Cepesca de que se prorrogue outro ano o dispositivo de defensa Operaciòn “Atlanta” coordinado actualmente por España e que vai rematar -se non hai modificacións- no vindeiro mes de decembro. Cepesca considera que os últimos datos sobre os actos piratas no Corno de África xustifican a ampliación dos labores de vixilancia.
A petición da patronal pesqueira española ven producirse dempois de que o Clúster Marítimo Español, presentara a mesma petición á ministra de Defensa de España, Margarita Robles, diante do incremento da piratería nas costas de Somalia.
A operación “Atalanta”, posta en marcha pola Uniòn Europea a finais de 2008 para facer fronte á ameaza dos piratas somalís prevista ata o 13 do próximo decembro, e a actual petición de alongar a súa vixencia , está xustificada pola actividade continuada da piratería no Corno de África. De ser autorizada tal ampliación, a campaña remataría o 13 de decembro do vindeiro ano 2025, atendendo deste xeito a petición do sector pesqueiro español ás conclusión do último informe sobre Pirateria e Roubo Armado publicado o pasado mes de xaneiro pola Oficina Marítima Internacional (IMB) que advirte do preocupante aumento dos incidentes de piratería marítima e roubo a man armada rexistrados durante o ano pasado, especialmente co secuestro levado a cabo en decembro nas costas de Somalia, o primeiro producido na zona dende 2017. O informe reflicte que en 2023 foron 105 as abordaxes producidas, 9 tentativas de ataque e o secuestro de catro embarcacións das que dúas recibiron disparos indiscriminados. En total, a IMB rexistra 120 incidentes de piratería marítima e roubo armado contra barcos durante o ano pasado, 5 máis dos contabilizados en 2022.
Para Cepesca estes incidentes supoñen un evidente risco para as tripulacións, como o demostra o número de mariñeiros tomados como reféns, pasando estes de 41 a 73, mentres o número de tripulantes secuestrados por piratas foron de 2 en 2022 a 14 en 2023. Estas cifras constatan, para Cepesca, que a piratería “segue a ser un risco para os barcos que navegan fronte ás costas de Somalia”, motivo polo que reclama que o Goberno prorrogue a operación ante os “bos resultados” que se deron á seguridade dos barcos españois que transitan ou faenan na rexión.



