O programa Muller e Saúde de Boiro suma novas propostas de actividades para os meses de marzo e abril

12 Marzo 2024

O Concello de Boiro engadiu novas propostas de actividades ao ciclo Muller e Saúde, que leva a cabo a Concellería de Política Social para os meses de marzo e abril. O programa engloba actividades gratuítas destinadas a informar e formar en materia de saúde en asuntos que afectan ao benestar físico e emocional da muller.

A primeira das propostas deste ciclo é a charla Cambios durante a menopausa que se celebra o vindeiro luns 18 de marzo de 17.30 a 19.00 horas. O mércores 20, de 16.00 a 19.00 horas, impartirase unha charla sobre Sexualidade en mulleres adultas. O venres 22 de marzo de 16.00 a 20.00 horas será Coidados emocionais durante o embarazo e o postparto.

No mes de abril haberá tamén propostas, a primeira delas o 4 de abril de 17.30 a 19.00 horas, Coidados básicos para a pel. Esta actividade estará impartida polo equipo de LB Equipo Estético de Boiro e vaise levar a cabo coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente e Mar. Estará aberta ao público xeral pero orientada a mulleres do mar para a aprendizaxe no uso de cremas solares e, deste xeito, previsto o cancro de pel.

Tamén no mes de abril está programado un obradoiro de Adestramento activo en solo pelviano, que se desenvolve os días 6, 13 e 20 de abril en horario de 11.00 a 12.00 horas. E a última das actividades do ciclo prevista para estes meses será a charla de Mitos sobre a nutrición, prevista para o 22 de abril en horario de 17.30 a 18.30 horas.

Todas as actividades do ciclo Muller e Saúde se van levar a cabo no Centro Social de Boiro e son gratuítas, aínda que requiren de inscrición previa no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1285 / 1282.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...