“O meu barco de vela, meu barquiño veleiro” – Antón Luaces

07 Marzo 2024

Con 230 metros de eslora, desde este mércores pola mañá, permanece no porto exterior de Punta Langosteira (Arteixo) o primeiro buque graneleiro do mundo que navega con propulsión eólica. Para esta fin utiliza velas ríxidas  de 37 metros de altura, o que lle permite aforrar un 30% de combustible e reducir notablemente a pegada de carbono. O buque Pyxis Ocean chegou ao Porto Exterior da Coruña procedente de Brasil cunha  carga de cereais e, após unha primeira escala en Marín, procede agora a descargar en Punta Langosteira 10.500 toneladas de soia. Hoxe mesmo, rematada a descarga, porá rumbo ao porto holandés de Amsterdam.

Esta escala tan especial fixo que se deran cita no devandito porto exterior diversas autoridades da Xunta, da Autoridade Portuaria, operadoras e o concello coruñés de Arteixo, que se felicitaron polo feito de que Langosteira sexa neste momento a primeira dársena de Galicia en volume de mercadorías, e o primeiro porto da cornixa cantábrica en movemento de cereais, polo que se converteu xa nunha infraestrutura clave para o sector primario galego, xa que logo dende Langosteira se abastece da materia prima necesaria para alimentar ao gando e aves de Galicia, oeste de Asturias e norte de Portugal e Castela-León.

A Autoridade Portuaria da Coruña, aposta firmemente pola descarbonización e a redución de emisións, como se evidencia na construción destes novos buques fretados pola multinacional estadounidense de agroindustria Cargill, que traballa conxuntamente co Grupo Nogar, unha empresa familiar galega en terceira xeración, líder no movemento de cereais no mesmo porto no que da culmen á súa terminal automatizada de graneis sólidos, que xa é a  maior da Península Ibérica e unha das maiores de Europa, con delegación na Coruña e un investimento propio superior aos 50 millóns de euros.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.