Este domingo 17 celébrase en Ribeira a nova edición da tradicional chocolatada e homenaxe aos maiores

16 Marzo 2024

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o tenente de alcalde, Vicente Mariño, presentaron a chocolatada homenaxe aos maiores, organizada por Amas de Casa de Ribeira coa colaboración do Concello que terá lugar este domingo día 17 dende as 17:30 horas.

O tenente de alcalde destacou a tradición desta celebración como un evento de “confraternización cos nosos maiores”. Segundo explicou Puri Cores, presidenta da Asociación Amas de Casa, o evento estará tamén amenizado polo grupo musical Leite con Jalletas e agárdanse ao redor de 400 persoas.

“Esta homenaxe levase celebrando no noso municipio máis de 20 anos, e por suposto, querémola seguir mantendo, xa que é unha das actividades que máis maiores congrega no noso municipio” explicou Pérez Barral, quen reafirmou o compromiso do equipo do Goberno coa “atención á veciñanza” e destacou a importancia de este tipo de eventos que “congregan a tantas persoas maiores co propósito de homenaxealos por todo o traballo que fixeron por nós. 

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.