O Concello de Ribeira inaugura a exposición “Callejeras”, de Ruth Montiel

23 Marzo 2024

O Concello de Ribeira inaugura este sábado a exposición Callejeras, de Ruth Montiel, no Mercado Municipal de Ribeira.

Esta mostra está organizada xunto coa asociación Callejeros Barbanza a propósito do comezo da nova xestión das colonias felinas no Concello.

“Comezaremos acondicionando as colonias con casetas, cartelas informativas e dando amparo ás persoas alimentadoras dende o concello con carnés identificativos e cursos que acrediten o seu coñecemento”, sinalou a concelleira de Benestar Animal, Antía Alberte, destacando tamén o labor de Callejeros Barbanza coa xestión, capturas, formacións e sensibilización arredor das colonias felinas.

“A preocupación polo benestar animal é tal que este Goberno decidiu empregar parte da partida municipal para adicala a unha mellor xestión e control e benestar das colonias felinas”, sinalou a concelleira, apuntando que “o noso obxectivo non é nin máis nin menos que o de pór solución a toda esta problemática na contorna, en especial a parte da xestión e o tratamento das colonias felinas, posto que a día de hoxe é o que está máis descontrolado. A subvención recibida implicará a esterilización, a vacinación, a posta de chips e tamén actividades, obradoiros e exposicións coma a que estades a ver, que sensibilicen os cidadáns”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...