O Concello de Ribeira homenaxeou este luns ás vítimas do terrorismo

12 Marzo 2024

O Concello de Ribeira acolleu no mediodía deste luns 11 de marzo unha homenaxe ás vítimas do terrorismo. O minuto de silencio celebrouse con motivo do Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo e do 20 cabodano dos atentados de Madrid onde faleceron 193 persoas.

O alcalde Luís Pérez Barral, integrantes da Corporación Municipal, persoal municipal, forzas de seguridade e veciñanza, participaron esta no acto en recordo das vítimas mortais e en solidariedade cos sobreviventes dos atentados terroristas, dos que se cumpren 20 anos este 11 de marzo. O minuto pechouse cun aplauso.

O Concello de Ribeira pretende, con este minuto de silencio, trasladar o seu cariño ás familias das vítimas e as persoas que se viron afectadas polos tráxicos atentados terroristas que tiveron lugar o 11 de marzo do ano 2004.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.