O Concello de Ribeira comeza as limpezas nos areais do municipio de cara á Semana Santa

22 Marzo 2024

O Concello de Ribeira, a través do servizo de limpeza viaria, comezou este venres 22 de marzo os labores de limpeza manual nos areais do termo municipal. Segundo informaron fontes do Consistorio acerca da importancia destes traballos, “coa chegada da Semana Santa, un dos períodos máis concorridos nas praias, a importancia de manter estes espazos limpos e seguros vólvese fundamental”. 

Ao inicio desta semana comezaron as limpezas a máquina, que recolleron “unha gran cantidade de residuos e refugallos”, e agora coa despregadura da brigada manual as e os traballadores percorren a costa recollendo residuos que poden quedar atrás ou que son de difícil acceso para as máquinas. Esta brigada manual estará traballando nos areais os vindeiros 10 días.

“A combinación de ambas estratexias, a limpeza con maquinaria e o traballo manual das brigadas, garante un resultado óptimo na conservación e preservación das nosas praias”, explicou a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, que se achegou este venres a Corrubedo para supervisar o comezo da limpeza manual. “Máis aló da Semana Santa, é fundamental manter este esforzo de limpeza de maneira continua para protexer os nosos ecosistemas costeiros e proporcionar unha contorna saudable para residentes e turistas durante todo o ano”, engadiu.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...