O Concello da Pobra pon en marcha unha enquisa participativa para a mellora do Mercado Municipal

06 Marzo 2024

Optimizar o funcionamento do Mercado Municipal da Pobra para que “se converta nun punto de referencia no sector da alimentación”. Esta é a razón pola que a Concellaría da Promoción Económica vén de lanzar unha enquisa participativa a este respecto integrada por un total de once preguntas que aporten información de interese para que a Administración local acade a súa finalidade. Aquí, a cidadanía poderá facer unha valoración e sinalar os servizos que bota en falta.

A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, xunto coa técnica municipal desta área, Sara Sánchez, manifestou este mércores 6 de marzo que “os datos tamén servirán para executar accións focalizadas na dinamización económica e no incentivo das compras do comercio de proximidade, ademais de coñecer os perfís da clientela e persoas non compradoras”.

As enquisas poderanse cubrir e depositar ata o mércores da vindeira semana na propia praza de abastos e en establecementos comerciais e hostaleiros. Tamén se pode cumprimentar de maneira telemática mediante o código QR do stand situado no mercado ou na ligazón habilitada polo Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.