O Concello da Pobra entrega os premios ás persoas gañadoras das accións impulsadas por San Valentín

01 Marzo 2024

José Francisco Domínguez Torres e Cristina Pose Davila foron finalmente os gañadores das accións impulsadas polas concellarías da Cultura e da Mocidade da Pobra do Caramiñal para celebrar o Día de San Valentín, no 14 de febreiro: un concurso de cartas de amor e un sorteo fotográfico.

Unha vez o xurado avaliou as misivas presentadas e emitiu o seu ditade, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e o seu homólogo da Mocidade, Eloy Sobrido, fixeron entrega dos premios.

A recompensa da noite nunha casa rural e unha cea para dúas persoas dotada na categoría adulta do certame epistolar foi parar a José Francisco Domínguez Torres. Nesta modalidade rexistráronse unha quincena de cartas das que o xurado avaliou aquelas que cumprían coas bases reguladoras e conforme os criterios de orixinalidade, calidade literaria, estética na composición e na expresión, e maila variedade léxica e expresiva, así como a coherencia co tema exposto. O tribunal vencellado ao ámbito do xornalismo e da literatura ditaminou, polo tanto, que a distinción recaese en Carta para Ada.

Pola contra, a categoría xuvenil quedou deserta ao non cumprir as bases as cartas recibidas, se ben esta constaba dun iPhone como premio.

Tamén houbo o sorteo fotográfico do banco do amor habilitado no parque do Castelo. Entre as máis de corenta imaxes compartidas no apartado de historias do Instagram mencionando a conta @gobernodapobra e cos cancelos (hashtag) #temoslio e #concellodapobradocaramiñal, resultou agraciada a instantánea publicada por Cristina Pose Davila, quen poderá desfrutar dunha cea para dúas persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.