O cambio de hora centrará unha conferencia na Pobra

11 Marzo 2024

Chegou o m es de marzo e na última fin de semana teremos que adiantar unha hora os nosos reloxos. Precisamente sobre isto falará na Pobra do Caramiñal Jorge Mira, catedrático da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, na conferencia Que pasa co cambio estacional de hora e co fuso horario de España?

O relatorio impartirase no venres 15, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, que contará tamén coa participación da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e do catedrático da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Rivadulla.

Trátase dunha actividade que organizan Ler Librerías e a Concellaría da Cultura.

A entrada é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...