
Co gallo do Día Internacional pola Concienciación do Autismo, o Auditorio de Rianxo acolle o vindeiro día 2 de abril unha xornada de actividades para a rapazada e un Cafetea (espazo de diálogo coa ÁGAPE – Asociación Galega de Acompañamento Persoal e Educativo).
A axenda dará comezo ás 17.00 horas coa presentación da xornada. Logo haberá unha actividade simultánea para rapazada e con persoal de apoio e a continuación, a sesión de café e faladoiros.
Os días 10 e 12 de abril desenvolveranse máis actividades no Auditorio. Por exemplo un faladoiro na primeira das dúas xornadas onde xerar diálogo e debate con profesoras de diferentes ámbitos. O día 12 haberá unha actividade de socialización e estimulación con cans (prazas limitadas), un faladoiro e un contacontos.
Organizan ÁGAPE e o Concello de Rianxo.



