O 6 de abril celébrase en Rianxo un espectáculo solidario en favor da Asociación EsRetina

07 Marzo 2024

O sábado 6 de abril o Auditorio de Rianxo vai dar acollida a un espectáculo solidario a favor da Asociación EsRetina, unha entidade que se dedica a facer visíbeis as doenzas herdo-dexenerativas da retina causantes de baixa visión e/o cegueira, como é o caso da Retinosis Pigmentaria.

A cita será ás 18.30 horas e contará coa presenza do Mago Paco, presentando o espectáculo Ledicia (unha función de maxia cómica para “nenas e nenos de 0 a 99 anos”).

As entradas para asistir terán que ser retiradas previamente da Ludoteca Agarimo ou o mesmo día do espectáculo na billeteira do Auditorio (1 hora antes do comezo da actividade). O espectáculo está organizado pola Ludoteca Agarimo coa colaboración do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.