O 19 de marzo inaugúrase na Fundación Laxeiro de Vigo unha mostra sobre Colmeiro co-impulsada pola Fundación Museo de Artes do Gravado (Ribeira)

14 Marzo 2024

A sede da Fundación Laxeiro (Vigo) acole o vindeiro martes 19 de marzo a inauguración dunha mostra comisariada por Xoán Pastor Rodríguez, director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, e por Xosé Carlos López Bernárdez, escritor vigués e historiador da Arte.

Trátase da exposición Colmeiro, punta seca, unha colaboración coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira que editou esta carpeta don 48 gravados do artista galego datados a finais dos anos trinta e os anos corenta. Grazas á cortesía da familia Colmeiro, estes traballos móstranse xunto ás súas matrices orixinais, o que, segundo nos avanza o propio Pastor, “ofrece unha oportunidade única para entender o proceso de estampado de obra gráfica”. Na presentación-inauguración intervirán Xosé Carlos L. Bernárdez, Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira e presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, e Abel Caballero, presidente da Fundación Laxeiro e alcalde de Vigo. A exposición será inaugurada ás 19.30h.

Agradecendo a túa colaboración e agardando poder saudarte persoalmente, recibe un cordial saúdo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.